Unha vez un lobo que non comera decidiu facer como o raposo, pero tiña un problema: o lobo non saltaba tan alto, non tiña sixilo nin nada.
Despois de haber papado unha ducia de crías de coello decidiu ter un fillo raposo para que lle collera todas as pitas que requisara, e xuntouse cunha raposa.
Tiveron un fillo medio raposo medio lobo e mandáballe ir todos os días a por unha pita e dixo o raposo:
--Eu xa estou farto de todo...... Écheme ben igual todo!
--Pois a min tamén, quero ter noiva e ser libre non andar todos días indo por unha pita......Chao.
--Pois adeus xa non te quero.
--Puf!
E desde entón os raposos non teñen trato cos lobos.
Informante:Ghio-mar Quiñoá Alonso.
Idade:36 anos
Lugar:Bravos,Vicinte. _Outeiro de Rei
Recollido por Antón Menán Quiñoá.