Maruxa estaba un día na súa casa na cama durmindo. Entroulle unha raposa pola ventá. Durmiu toda a noite con ela e pola mañá, estaban as dúas durmindo placidamente, entra o marido pola porta, e mete un berro, espertan as dúas, a muller berra, a raposa berra e o home tamén.Baixa o marido de Maruxa polas escaleiras buscar a escopeta para a matar. Mentres, a raposa e a muller crean un vínculo e cando sobe o home, Maruxa non deixa que mate a raposa, porque se fixeran amigas.
O marido aceptouno de mal gusto.
Maruxa envelleceu coa raposa coma a súa mascota.
Todos os veciños pensaban que estaba tola, pero ao ver o boíña que era a raposa todos aceptárona coma un can ou gato calquera.
Informante: Alberto Rumbo
Idade: 71
Nome da casa: casa de Tarbes
Relación: avó paterno
Parroquia: Cambre . A Coruña