Amosando publicacións coa etiqueta Friol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Friol. Amosar todas as publicacións

9 de dec. de 2014

Torre-Palacio de Friol

O edificio formado pola torre e o palacio está na entrada da vila de Friol. É moi antigo, do século XIII, pero igual que outros monumentos de Galicia,  encóntrase cerrado e en ruínas.
Dende a carreteira, vemos un cerre de pedra que remata en dous columnas que suxeitan a cancela de ferro. Pasada a cancela hai un campo e ao fondo, alí está a fachada principal do palacio. Toda a Torre-Palacio está nunha base cadrada, hoxe a parte que unía o edificio e a torre está derruída e todo el en estado penoso. 
Todas estas partes foron construídas en torno a un patio interior e en distintas épocas, que formaron o monumento que foi no seu tempo. A torre foi a orixe desta gran construción, está nunha base cadrada. Na actualidade polas súas ruínas decidimos que debeu ter tres andares. O palacio ampliouse no século XVII dando lugar a un fermoso e amplo edificio de grandes dimensións. 

Informante: Toño
Idade:Arredor dos 50
Relación: Veciño
Parroquia:  Friol
Traballo feito por: Lúa Martínez

25 de feb. de 2013

A Torre de Friol

A Torre de Friol está situada na parroquia de San Xiao de Friol. Contruíuse no século XIII e, no século XVII engadíronse as primeiras construcións, con dúas plantas, porta de arco... 
Actualmente, a Torre presenta unha planta baixa bastante ben conservada , aínda que o teito foise deteriorando co paso do tempo ó igual que as súas paredes.
Esta torre pertencía a Xan de Forcados que era un alcume que tiña na vila o señor "Doutor López Suárez", dono da Torre. Xan de Forcados cedeu os terreos nos que agora mesmo está situado o colexio. Na memoria del puxéronlle o nome ao colexio enteiro.

Informante: Asunción Carril Iglesias
Idade: 40 anos 
Casa: Casanova
Relación: Nai de Alba
Lugar: Friol