Amosando publicacións coa etiqueta Miraz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Miraz. Amosar todas as publicacións

30 de nov. de 2013

Unha historia do meu avó

Un día escuro de inverno (eses días eran curtos e fríos), o meu avó tiña ovellas e cabras e ían para o monte todo o día, e mentres el tiña que outonar- botar o pan-.
Deixounas soas toda a maña e de repente viñan correndo unhas poucas e díxolle a miña avoa:
-- Ha ser o lobo que ataca as ovellas...
Foi correndo coa escopeta cara el pero non o veu. Tiña seis mortas. O día seguinte botou as cabras e as ovellas e foi con elas e o meu avó agachouse detrás dun valado e volveo e o meu  avó matouno e colgouno nunha pena cun pau.

Informante: Carmen
Idade: 87
Relación: Avoa
Lugar: Florida 
Parroquia: Miraz
Conto recollido: Por Manuel Campo Fariñas

10 de xuño de 2013

Torre de Miraz

A muralla de Miraz , tiveron que facer moitas reformas principalmente no muro e dentro da torre.
A muralla esta cuberta de silvas, na porta hai un arco de flores. Esta prohibido entrar nela. Dentro hai un prado cheo de árbores. Arriba están os antigos caños. 
É unha muralla que ten máis de 100 anos pero esta en moi bo estado.
Informante:  Carlos Pena Vázquez. 
Idade: 57 anos
Relación: o pai de Rebeca Pena
 Nome da casa: Casa da Pena
Lugar:A Pena
Parroquia:Miraz

10 de xuño de 2012

O galo e o raposo

Un día pola mañá cedo o galo andaba polo prado endiante correndo e saltando. As galiñas puxéronse en círculo e o galo andaba dando voltas arredor das pitas.
Cando saiu miña avoa viu ao raposo marchar .
Agora xa sabemos cando vén o raposo ou cando non porque se vén, o galo anda nervioso.

Informante: Carmen Fariñas
Idade: 87 anos
Relación: A miña avoa
Lugar: A Florida
Parroquia: Miraz

31 de xan. de 2012

Os cabeceiros,como se fan

Usábanse catro troncos de madeira, xestas, palla e varas de salgueiro. Uníanse os troncos facendo un cadro que era a base, cun trade facíanse oito buratos na mesma e metíanse oito varas gordas, e íanse enleando varas máis finas entre as outras, estaban peladas para que aguantaran máis,e deixábase un oco para a porta.
Para o teito poñíanse xestas enliándoas e poñéndoas en forma de cono para que non entrase a auga.No curuto, para que non entrase a auga poñíase un cono de palla, cada ano cámbiaselle as xestas.
Usan dúas ferramentas: unha trade e unha coitela para pelar as varas. Colocábanse sobre unhas pedras e nunha pena.
Servía para gardar o millo. Tardábase máis ou menos unha semana en facelo.
Este fíxoo meu avó, José Romero Fernández da casa de Camilo, nas Laxes, Miraz.