Amosando publicacións coa etiqueta Serén. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Serén. Amosar todas as publicacións

9 de dec. de 2014

Algunhas cousiñas da parroquia de Serén


Hai rexistros no bispado de Lugo de que existe Serén dendo o ano 1027. Esta parroquia pertencía a San Miguel de Bacurín, xa que non existía igrexa aquí. No ano 1804 construíron a actual igrexa.
En canto a casa con arcos, o único que puiden averiguar foi que era a casa dun secretario do bispo, a cal foi derruída despois da guerra civil para construír outra no sitio, conservando un dos arcos o cal podemos ver actualmente. Polo que recordan as persoas máis maiores da aldea a casa tiña as portas en forma de arco, e era unha casa dunha única planta.
En canto ao cruceiro que se pode atopar no monte do Pico de Pías crese que foi posto porque morreu alguén, pero non atopo máis información.
Hai outro cruceiro en Acebedo que esta situado onde foi cometido un asesinato.

Informante: Juan Carlos Pérez e Carmen Vázquez
Idade: 47 e 86
Casa: Cobas 
Relación: Pai e Avoa
Parroquia: Serén
Traballo feito por: Uxía Pérez Morado

25 de mar. de 2014

A pedra das cazolas

O dolmen está na Ferreira. Hai uns 20 anos estaba tumbada, pero cando os donos compraron a finca, levantárona.
Queríana romper en cachos para un muro pero veu a Xunta e dixeron que era un dolmen, e que non podían cortala nin plantar árbores preto dela. Mide 2 metros como máximo. E chámase así porque co paso do tempo ao chover foise desgastando  e fixéronse como uns buratos, que parecen cazolas.



Informante: Lola
Idade: 49
Casa: Garelo
Relación: Nai
Parroquia: Serén
Por: Jessica Legaspi Valín




22 de nov. de 2013

A amizade

Había unha vez unha abella e unha formiga que eran moi amigas. 
Un día, a abella tiña que viaxar e deixoulle a cargo a súa casa.
Á formiga encantáballe o mel que facía a abella e decidiu ir á despensa para comerlle un pouco; pero detívose a pensar que se eran amigas non debería facer iso. E non o fixo.
De alí a uns días, a formiga tiña que  marchar de viaxe e por suposto deixoulle a cargo a súa casa á abella.
Ao día seguinte a abella entrou na casa da formiga e dixo:
-- Bah! estou ben segura de que cando lle deixei a cargo a miña casa, entrou na miña despensa. Desde logo soubo facelo ben porque por máis que busquei non encontrei ningunha pista de que alí estivese.
E a abella empezoulle a comer os froitos dos que a formiga tiña para pasar o inverno.

Informante: Josefa
Idade:79
Lugar: Mondri
Parroquia: Mondriz (Castro de Rei)
Relación: Avoa

13 de mar. de 2013

A porta de Serén

A porta de Serén está situada no centro de Serén, no medio de dúas casas. Hai moito tempo, dise que habería unhas catro ou cinco pero derruíronse para construír casas e así pasou o tempo ata agora. Hai uns oitenta anos ou mais tempo que foron construídas.Está feita de granito, as outras portas tamén eran de granito. Ao derruírse o granito utilizouse para construír as casas.

Informante: Lola.
Idade: 46.
Relación:Nai.
Nome da casa: Garelo. 
Parroquia: Serén.