Amosando publicacións coa etiqueta Narla. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Narla. Amosar todas as publicacións

10 de mar. de 2015

O Chao-Narla

A peza que serve para suxeitar as ventás chámase: Amarralla.
Estas imaxes foron sacadas na casa de Rio (Cima  de Vila-Narla).
Os informantes que me deron a información do nome foi meu avo Suso Loureiro.

Unai Cobas Loureiro

12 de dec. de 2014

Lenda da Pena Castrela

Esta é unha lenda moi bonita acontecida en Narla parroquia de Friol.
Contan os máis anciáns deste pobo que hai moito tempo habitaba aquí unha meiga que vivía nunha cova dentro da Pena Castrela.
Un día a filla e mais a nai, é decir, a meiga, saíron a buscar auga para unha fonte que había preto de alí. A meiga levaba unha ola na cabeza, para traer a auga, e collida da man levaba á súa filla . Entón caeu un anaco da pena e rompeulle a ola e matoulle a nena.
Nisto, a meiga moi enfadada e irritada pola perda da súa filla, din , que lle botou este meigallo á pena decíndolle:
Pena Castrela, 
rompíchesme a ola 
matáchesme a nena.
Mailo o raio te fenda 
de rabo a orella.
A meiga colleu un o anaco de pedra caído e, despois de decir o meigallo, tiroullo á Pena Castrela. Esta partiu á metade.
Aínda hoxe se pode ver o anaco de pedra entre a Pena Castrela fendida ó medio e as pisadas e rabuñaduras feitas nela pola meiga

Informante:María Jesús
Idade do informante: 42 anos
Nome da casa:Amable
Lugar: Narla.
Relación:Nai
Recollido por:Unai Cobas Loureiro

8 de abr. de 2013

A Pena Castrela

É unha lenda castrexa. Vivía unha meiga que tiña un neno e un día houbo un movemento sísmico e fixo que a pena caera enriba do neno e o matase.
A meiga moi enfadada dixo: 
-- Pena Castrela 
tiráchesme a ola 
matáchesme o neno 
maio raio veña 
e te fenda de rabo a orella.
A meiga mandoulle unha pedra e rompeu a pena. 
E pódese ver hoxe en día a pena fendida en dous anacos cunha pedra no medio. Tamén se poden ver as supostas pegadas gravadas na pedra feitas pola meiga.
Dentro da cova hai unhas supostas rabuñaduras feitas pola meiga para saír de debaixo da pena.

Informante: Víctor Corral Pérez
Idade: 35 anos.
Nome da casa: Casa Carrolo
Lugar: Montecelos
Parroquia: Narla
Relación: María Fariñas: Curmán, Lucía: Pai. Jenny: Veciño

18 de feb. de 2013

O gaiteiro da Anafreita

Marino Fariñas Menéndez (meu avó) ten setenta e seis anos. Naceu no Curral dos Mateos, na parroquia de Anafreita no ano 1936. Foi e é, un importante gaiteiro coñecido por todas as terras de Friol como o gaiteiro de Anafreita.
A súa historia comezou cando tiña tres anos. El vivía ao lado da casa dun señor que facía gaitas, José Fariñas Saavedra (que aínda que compartía apelido non era da súa familia). Un día, meu avó, colleu unha camisa de tirantes atouna a unha vara e facía que tocaba a gaita. José viuno facendo que tocaba e decidiu regalarlle un punteiro que xa non necesitaba. Meu avó moi contento aprendeu, así, as súas primeiras notas, ata que moito tempo despois, e cos seus aforros comprou unha gaita de verdade que lle fixo un sobriño do tal José, chamado Casimiro López. Seus pais opúñanse a que meu avó aprendese a tocar a gaita, pero el non fixo caso. Logo coñeceu a miña avoa, que en realidade eran curmáns pero xa afastados, namoráronse, casaron e tiveron dous fillos, un deles meu pai.
O meu avó andou polas terras de Friol tocando a gaita nas festas de Anxeriz, Samede, Miraz,..
As pezas que máis lle gusta interpretar son a muiñeira de Chantada e a xota de Lugo. Lembra que cobraba tres pesos (dez céntimos de €).
Nestes anos pasados, aprendeulle a tocar a gaita a miña irmá.
Aquí deixo un enlace por se queredes escoitar ao meu avó tocando unha muiñeira.
E premendo aquí escoitarédelo tocando unha xota

Nome da casa: Casa de Marino ou casa de Pardiñeiro
Lugar: Curral dos Mateos
Parroquia: Anafreita
Traballo feito por María Fariñas 

14 de xan. de 2013

A raposa e as uvas


Había unha vez unha raposa que tiña moita fame e viu unha parra que tiña unhas uvas, e intentounas coller. Saltou, correu, volveu a saltar... pero non as conseguiu coller, e dixo:
- Total, están verdes!.

Informante: Víctor Manuel Corral Pérez
Casa: Carrolo
Lugar: Montecelos
Parroquia: Narla
Idade: 37 anos
Relación: Pai

O raposo e o lobo

Era un inverno de xeadas e frío. Un lobo e un raposo que se levaban medianamente ben non tiñan para comer e decidiron plantar una leira e cebar un cocho. Pero quen traballaba era o lobo, o raposo era moi fino e non quería manchar as mans e facía que traballaba.
De alí a un pouco deulle a fame e fixo que o chamaban. O lobo que era un tonto díxolle que fora e que el xa ía facendo o traballo, o raposo foi directo a comer o porco que cebaran, mataran e esconderan. 
O lobo xa tiña todo feito e tiña fame entón díxolle ao raposo se ían comer o cocho e foron para alá. O lobo buscou e buscou e non atopou nada, pensou un pouco e deuse de conta que o raposo non fora a bautizo algún, que fora comer o porco. Entón díxolle:
--Ti comiches o porco eu quedo coa leira e co que ten plantado.
Ao raposo non lle quedou máis que aceptar. O raposo pasou fame todo o inverno e o lobo tivo comida a fartar.
Informante: Manolo.
Relación: Tío da miña avoa.
Anos: Uns 90.
Casa: Casa de Vigo de Pacios.
Parroquia: Narla

13 de dec. de 2011

A galiña asustada

Unha galiña estaba debaixo dun castiñeiro e caeulle un ourizo na cocorochiña. Ela empezou a correr.
-Tropoloutrou, tropolouteiro,
isca, don galo, que cae o mundo enteiro.
-Quen cho dixo, dona galiña?
-Caeume a min na cocorochiña.
-Tropoloutrou, tropoloutrazo,
vaiase, dona lebre que cae o mundo a deshora.
- Quen cho dixo, dona galiña?
- Caeume a min na cocorrochiña.
- Tropoloutrou, troupoloutrazo,
vaite, Raposa, que cae o mundo a pedazos.
- Quen cho dixo, dona Galiña?
- Caeume a min na cocorochiña.
--Pois se cae o mundo a pedazos, eu quero ir ben fartiña.
E alí mesmo chapou a faladora Galiña.
Contoumo María José (de Prescolar na Casa)