Amosando publicacións coa etiqueta Lea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lea. Amosar todas as publicacións

12 de xuño de 2014

Igrexa de Lea

A igrexa de Lea está situada no Corral de Abaixo, en Lea. 
Foi construída sobre o ano 1500. Hai dez anos foi restaurada. É de estilo románico. Non ten tribuna. Ten confesionarios antigos de madeira onde se confesaba a xente. Ten un peto de ánimas. Tamén ten unha pía do bautismo, construída de pedra. 

Informante: Mª Carmen López López
Relación: Nai
Idade: 42
Nome da casa: Casa de Xil
Lugar: Lea
Miguel Ángel Sánchez López 

1 de abr. de 2014

Lavadoiro de Lea

Este lavadoiro está cerca da igrexa de Lea, nun lugar que se chama: o Feal. No Feal, hai unha fonte que bota auga para este lavadoiro público. Ten pedras por tres laterais, onde se poñían as mulleres para lavar a roupa. Polo outro lado e por onde ben a auga da fonte, para o lavadoiro. Cada muller tiña unha pedra para lavar a roupa. Unha pedra pequena era para poñer o xabón. A auga do lavadoiro sempre estaba limpa, porque a auga sempre estaba saíndo e outra entrando. A auga sucia saía para unha leira. (Hoxe en día está tapado por un silveiral e fentos). 


Informante: Mª Carmen López López
Relación: Nai
Idade: 42 anos
Nome da casa: Casa de Xil
Lugar: Lea
Miguel Ángel Sánchez López 

Xerador da electricidade de Lea

O xerador da electricidade, está situado no Corral de Abaixo, en Lea, dentro da finca dun veciño. Está pegado ao río das Pontellas. Ten forma de caseto pequeno. O tellado é de lousa e as paredes de pedra. Ten unha porta de madeira. Aproveitábase a forza da auga do río para producir electricidade.A auga ven do Río das Pontellas. Chégalle por un "rego". A auga acumúlase nun foso e despois entra para o muíño abrindo unha comporta. Agora este xerador de electricidade non está en funcionamento.


Informante: Ángeles Pilar López López
Relación: Madriña
Idade: 43 anos

Lugar: Friol
Miguel Ángel Sánchez López 
 

25 de mar. de 2014

Escola de Lea

A escola da parroquia de Lea está situado en Outeiro – Lea. É un edificio dunha soa planta, con catro ventás por un lado, e outra, por un lateral, sen cristal. Ten unha entrada principal sen porta, que dá a un corredor onde están os baños, os cales non teñen portas. Dende este corredor, hai unha porta de madeira, por onde se entra para a aula. Despois de ser escola unitaria, foi escola de Preescolar na Casa. Agora, xa non se emprega como escola, senón para reunións de veciños, ou festas da parroquia. 


Informante: Ángeles Pilar López López
Relación: Madriña
Idade: 43 anos
Lugar: Friol
Miguel Ángel Sánchez López 

18 de mar. de 2014

Casa de Caseiros(Tamén chamada Casa da Nova)

A Casa de Caseiros, está situada no “Corral de Abaixo”, da parroquia de Lea. É grande e ten outras dúas casas ao lado, para varios caseiros. Ten unha pendella grande, con columnas de pedra, para gardar a leña e cun forno, para cocer. Tamén ten outra pendella, para gardar a ferramenta, e outra máis, para gardar a herba. Ten unhas cortes debaixo das habitacións e en fronte da cociña. Ten un corredor grande, entre a cociña e as cortes, que daba a unha porta para a eira e outra para o curral.

Informante: Carmen López Fariñas
Relación: Avoa
Idade:79 anos
Nome da casa: Casa de Xil
Lugar: Lea
Miguel Ángel Sánchez López 

Pena Castrela

Pena Castrela (moitos chamábanlle Pena da Moura): Está situada no “Pedrido”. Cóntase, que alí vivía unha bruxa( Moitos chámanlle, a “moura”). Un día, esa moura, camiñaba pola ponte do Pedrido, acompañada pola súa filla. Levaba consigo unha vasilla con leite e unha pedra na cabeza. Ó chegar ó lugar onde se atopa a Pena Castrela, a bruxa esvarou, a rocha caeu da súa cabeza, esmagando a súa filla e rompendo a ola. Foi entón cando pronunciou estas palabras:
Pena Castrela, 
rompíchesme a ola 
matáchesme a nena
o demo te fenda
de rabo a orella.
Ao caer, dividiu a pena en dúas partes. Hoxe en día, pódese ver así a pena e tamén, unha marca en forma de cunca onde caeu a pedra. A moura facía a súa vida na pena e cocía alí. Polo que se pode ver nunha parte da pena unha especie de forno. 


Informante: Carmen López Fariñas 
Relación: Avoa
Idade: 78 anos
Nome da casa: Casa de Xil
Lugar: Lea
Miguel Ángel Sánchez López 

4 de dec. de 2013

O can e o lobo

Hai tempo, na chousa do Lobo, en Buxán,Toques, había un can que vivía alí. 
Un día, estaba comendo, e deulle o cheiro ó lobo. Foi buscalo, porque senón comíalle a comida. Cando o atopou, díxolle:
-- Andas aí 'langrán', queres 'papar' a miña comida fillo do demo, has liscar de vez! 
--Si, e como me apartas de aquí? -- dixo o lobo. 
--Coas miñas mans! -- contestou o can. 
Nada máis dicir iso, botouse enriba del. Tiveron unha longa loita. Ao final, o can arrincoulle unha orella ó lobo, e co medo de que o matase, liscou correndo. Desde aquela, o can vive feliz, e o lobo non volve por alí. 

Informante: Maruja Fernández 
Idade: 73 anos 
Relación: Avoa 
Casa de Andrés 
Lugar: Buxán 
Parroquia: Paradela 
Recollido por Miguel Ángel Sánchez López

30 de nov. de 2013

Consellos do corvo

Un corvo vello, antes de que sacara os fillos do niño, contáballes algúns consellos, para que non tivesen perigos cando fosen maiores. Moitas veces dicíalles aos seus fillos:
--Cando vexades vir un home cara vós, fuxide, que se vos colle, mátavos. Se vedes que na man trae un pau, con un furado por dentro, é dicir, unha escopeta, escapade, que vos mete un tiro polo cu arriba. E se quere coller unha pedra do chan, liscade.
Despois, dixo un dos fillos do corvo:
--E se trae a pedra metida no peto ou na man?
E contestou o pai:
--Podes marchar ti só, que xa sabes andar. 


Informante: Carmen López Fariñas
Idade: 78 anos
Relación: Avoa
Casa de Xil
Lugar: Outeiro
Parroquia: Lea
Recollido por Miguel Ángel Sánchez López