Un corvo vello, antes de que sacara os fillos do niño, contáballes algúns consellos, para que non tivesen perigos cando fosen maiores. Moitas veces dicíalles aos seus fillos:
--Cando vexades vir un home cara vós, fuxide, que se vos colle, mátavos. Se vedes que na man trae un pau, con un furado por dentro, é dicir, unha escopeta, escapade, que vos mete un tiro polo cu arriba. E se quere coller unha pedra do chan, liscade.
Despois, dixo un dos fillos do corvo:
--E se trae a pedra metida no peto ou na man?
E contestou o pai:
--Podes marchar ti só, que xa sabes andar.
Informante: Carmen López Fariñas
Idade: 78 anos
Relación: Avoa
Casa de Xil
Lugar: Outeiro
Parroquia: Lea
Recollido por Miguel Ángel Sánchez López