Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de Teatro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de Teatro b>. Amosar todas as publicacións
21 de maio de 2011
De serpes e segas I
Deixamos nestas entradas os vídeos das representacións desta montaxe que se levaron a cabo os días 18 e 19 de maio de 2011, celebrando o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos, na torre de San Paio de Narla.
19 de dec. de 2010
Deixémonos de Dindirindainas! (II)
Este venres o grupo "Algo máis que pan e queixo" puxo en escena a montaxe Deixémonos de Dindirindainas!(II) tal e como estaba previsto. Os asistentes aínda riron un pouco, sinal de que a obra foi do seu agrado.
Posteriormente o venres e xa para un público adulto repetiuse a función co mesmo éxito.
Felicidades ás protagonistas da montaxe.
Deixamos aquí os vídeos da función do venres.
Posteriormente o venres e xa para un público adulto repetiuse a función co mesmo éxito.
Felicidades ás protagonistas da montaxe.
Deixamos aquí os vídeos da función do venres.
23 de maio de 2010
As Damas do Narla (I)
Deixamos aquí o vídeo da obra "As Damas do Narla", representada na torre de San Paio de Narla os días 19 e 20 de maio.
22 de maio de 2010
21 de maio de 2010
20 de maio de 2010
23 de dec. de 2009
Deixémonos de dindirindainas !
Debido á situación xerada polo falecemento dunha profesora do Centro, decidiuse adiar a posta en escena da obra de teatro que tiñamos previsto realizar o día 18 de decembro.Como o traballo estaba feito pensamos que o mellor era pasar o estreno para o día 15 de xaneiro, primeiro venres despois da volta das vacacións, áas 12 e media da mañá. Esta sesión está destinada para os alumnos de E.S.O. do noso centro.
Pensamos que tamén era oportuno realizar un segundo pase o sábado día 16 de xaneiro ás 16.30. Nesta ocasión a entrada é libre e desde aquí convidamos a todos os pais e aos veciños que gusten do teatro a achegarse ata o Centro Sociocultural para ver unha representación que seguro vai ser divertida.
24 de set. de 2009
Obradoiro de teatro
Un novo ano empezamos a andaina teatreira.
Como a nosa idea é de que aumente o número de participantes na actividade, decidimos crear un "Obradoiro de Teatro" coa fin de iniciar a aqueles que o ano pasado ou ben non se apuntaron á actividade ou ben non foron elixidos para a mesma. Seguramente que algúns que non se tivesen anotado por medo ou pola incerteza dunha actividade que require dedicación e valentía, hoxe mudaron de opinión e gustaríalles participar con nós.
O que pretendemos neste Obradoiro é formar un grupo máis amplo de actores e actrices e traballar a faceta interpretativa cara a próxima representación da nova, ou novas, obras.
Sabedes quen somos, quen está, e só queda por dicir que estamos esperando por vós.
Tedes de prazo ata o día 13 de outubro, e a actividade --inicialmente-- desenvolverase dentro do horario escolar.
Se queredes máis información, ou para anotarvos xa sabedes con quen tedes que falar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)