Amosando publicacións coa etiqueta oficios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta oficios. Amosar todas as publicacións

14 de xan. de 2013

Como se fai o xabón

Antigamente o xabón utilizábase para lavar a roupa no río.Esta é unha maneira de elaborar o xabón:
Ingredientes: 
6 l. de auga fría 
6 l de graxa de porco, ou aceite, sebo (graxa dos ruminantes)
1 kg de sosa cáustica
1 kg de deterxente en pó 
Medio litro de xampú 
Azulete ou outra cor deste tipo de colorante
Elaboración: 
Mesturar todos os ingredientes e remexer a mestura ata que espese.Cando estea espeso vertémolo nun molde en forma de barra.Despois, deixámolo callar un día.A continuación, desmóldase e fanse os anacos a gusto de cada quen.
Advertencia:
Hai que remover con coidado porque a mestura ao botar a sosa queima.

Informante: Mª Fe Fernández Rodríguez
Casa: Casa Bibiana
Relación: É a miña nai
Parroquia: Carballo

15 de nov. de 2011

Carpinteiro

O carpinteiro chámase Luis Espiño López, ten 58 anos e é natural da Travesa (Nodar).
Despois foi para O Cibreiro, logo para a Freiría e ao final foi vivir con súa nai ao Marco das Pías. Ata os 30 anos que foi para A Coruña. Manexa moi ben o martelo e crava moi ben os cravos. A el gústalle moito facer portas e casetos.

10 de mar. de 2011

Entrevista a un zoqueiro

-Cal é o seu nome?
-Albino Sánchez
-Cantos anos ten?
- 81 anos
-Dende que anos leva facendo zocas?
- Dende os 10 anos
-Cal é a mellor madeira para facer as zocas?
- O albelo
-Que ferramentas se usan?
-Macheta, gubia, trades, legres, coitela e rebocador
-Quen lle ensinou?
- Un veciño "Roberto"
-A quen llas vendía?
-A xente que ía as feiras e a xente que pasaba pola súa casa
-A súa familia segue a tradición?
-Non
-Os seus antepasados facían zocas?
No-Segue facendo zocas?- Si
-Canto tempo lle leva facer un par?
-"Antes 2horas " agora 1dia
-Gustaríalle que a súa descendencia seguira a tradición?
- Si Gustaríalle poñer unha exposición de zocas?
-Si
-Vendeu moitas zocas?
-Si
-Realiza esta actividade por oficio ou por afección?
- Polas dúas cousas-Usa as súas propias zocas?
-Si
i-Gustaríalle dedicarse a outro oficio?
-Si, antes era muiñeiro, albanel
-Como fai as zocas habitualmente simples ou con adornos?
-simples
-Fai madroñas?
-Non,porque son propias de Asturias
Grazas pola súa atención e a súa colaboración

10 de feb. de 2011

Entrevista a unha modista

-COMO TE CHAMAS?
María Penas Rodríguez
-QUEN CHE APRENDEU A FACER OS VESTIDOS?
A miña prima
-A QUEN LLE FIXECHES O TEU PRIMEIRO VESTIDO?
A unhas veciñas
-CAL FOI A TÚA PRIMEIRA MÁQUINA?
A miña primeira máquina foi de manivela
-CANTO COBRABAS POR UN VESTIDO?
2 pesetas
-QUEN CHE AXUDABA A FACER OS VESTIDOS?
A miña irmá
-QUE FACIAS MAIS CA OS VESTIDOS?
Blusas, saias e calzóns pos homes
-A QUE SITIOS FUCHES?
Foi a Roimil, a Pradela e a San Xurxo.

Entrevista feita por Diego Fernández e Rubén Dorado