Amosando publicacións coa etiqueta Silvela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Silvela. Amosar todas as publicacións

18 de mar. de 2013

A casa da Torra. Silvela


Antigamente en Silvela había unha casa chamada a casa da Torra que vén ser a casa onde naceu meu avó e os seus irmáns. Dicían que antigamente era un concello da parroquia. De aí vén o nome da "casa da Torra". Enriba da porta ten un escudo con dúas chaves cruzadas. 
A lenda di que desapareceu, pero non foi así:  meu avó estropeouno co pincho do tractor, polo tanto tiveron que facer un novo para non o perder. 
Ao lado da casa hai un cruceiro que ten a súa historia: hai tempo unha muller cando ía levar as vacas ao campo un boi botouse a ela e desangrouse, desgraciadamente a muller morreu e como un acto importante puxéronlle o cruceiro en honor a ela.

Informante:Teodoro Casanova Cabado 
Idade:66 anos
Casa:Casanova 
Parroquia:Friol 
Traballo feito por:Alba Casanova Carril

10 de mar. de 2013

Os muíños de Silvela

Na miña parroquia hai dous muíños vellos: o de Busto e o de Corteporcos.

O muíño de Busto: Aínda pasa a auga por alí cerca, o estado pódese considerar de que é bo, e agora a xente non vai moer alí porque xa compran a fariña moída, non ten dono en concreto e de todo o pobo.


O muíño de Corteporcos: Tamén pasa  a auga por alí cerca o estado está en peor estado e a xente non vai moer alí porque tamén compran a fariña molida e non ten dono en concreto







Informante: Mº Sol
Idade: 36 anos
Relación:Miña nai.
Nome da casa: Casa dos Panadeiros 
Lugar: A Marcela
Parroquia: Silvela

24 de feb. de 2012

O lavadoiro de Suso

Hai 10 anos que o fixeron, está situado ao lado da palleira de Suso, que está en Cibreiro(Silvela), estaba feito de ladrillo pero reformouno hai 2 anos, tirou as partes de ladrillo que estaban máis estragadas e púxolle outras novas, finalmente recebouno con cemento.
Recibe o nome de "Picha". Non é un lavadoiro normal porque non fai falta abrirlle a ningunha billa, bota agua de manancial todo o ano menos na metade do verán e a principio do outono que está seco. Todos os da aldea imos por auga alí porque está fresca e ten un sabor agradable para o padal.

Contado po Jesús Espiño, ten 63 anos e vive en Cibreiro(Silvela).

25 de nov. de 2011

A albarda frouxa

A un home da casa de Barreiro de Busto, un día mandárono ir por unha ola de viño a Nodar na besta. Chegou alí, cargáronlle a ola de viño na besta e foise.
Na metade do camiño baixou a ola cara o bandullo da besta, e grazas que non lle caeu para o chan. Tivo que quitar a ola e volvela atar e ir o resto do camiño termando dela.
Contado por Carmen Corral Díaz de 84 anos (Busto, Silvela).

3 de nov. de 2010

Unha lenda do lobo

Conta unha antiga lenda que Xesús e San Pedro andaban pedindo de comer. Foron onda un matrimonio pobre que so tiñan un xatiño. Non tiñan que comer para eles pero eran tan bos que mataron o xatiño para darlles de comer. Ó acabar os homes, de cada óso grande do xato fixeron unha vaca e de cada óso pequeno outro xato.
Foron onda outra familia rica e ó ver a fazaña que lle fixeron aos outros veciños déronlles carne de can . Xesús o comer o primeiro bocado díxolle a San Pedro:
-Levántate desta mesa que e carne de can .-Dixo Xesús.
Entón nese momento dixo San Pedro:
-Que el se convirta en lobo e ela en lobo.
Cando lle puxo as condicións díxolle
-Ti temerás o home e o boi
Entón o lobo dixo
– Eu comerei a quen se me poña por diante.
Entón San Pedro deulle un trancazo nunca pata e dende diso o lobo coxeou para sempre e por iso agora o lobo vai andando e parece que vai coxeando.