Amosando publicacións coa etiqueta Nodar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nodar. Amosar todas as publicacións

10 de mar. de 2015

Bidueiro,Nodar


Esta é a peza que sirve para suxeitar as ventás  chámase:
Ese, caravilla, amarralla
Estas fotos son da casa de meu veciño chamado Manolo .
Os nomes díxomos meu avo chamado José Buján.

                                             Cristian Santos Buján

4 de feb. de 2015

San Xoán

Polo San Xoán se separas a clara e a xema dun ovo e a clara a botas nun vaso alto cheo de auga e a deixas á borrasca do San Xoán pola mañá aparece o teu destino. 
Hai xente que as usa para adiviñar o futuro.
Exemplos: Pode ser unha tumba ou un traxe de noivo. 
  
Informante:Amérita e Xurxo.
Relación:Avoa e pai. 
Idade:74 e 46. 
Nome da casa:Casa do Duque
Lugar parroquia:Fontes,Samede de Nodar e O Castro,Condes
Traballo feito por: Miguel López Bayo e Irea Blanco.

3 de feb. de 2015

Meu tío e as ovellas

Unha vez meu tío cando era pequeno foi coas vacas e coas ovellas para unha chousa que tiña un río moi grande ao lado.
Meu tío foi xogar cos seus amigos cando se deu contra a noite. As vacas estaban ao lado da buqueira e faltaban as ovellas. Cando chegou a casa deuse de conta, foran buscalas pero non as encontraron.
Súa nai botoulle unhas oracións (responsos). Para o outro día foron buscar as ovellas que estaban deitadas onda o río. Estaban nun sitio seco e todo arredor tiñan un círculo todo estaba esmagado suponse que fora o lobo.

Informante:Constantino
Relación:Tío
Idade:56
Parroquia:Bidueiro
Traballo feito por :Cristian

16 de dec. de 2014

O Bicho de Brañas

Había un home que viña das mozas de noite, tras del viña o lobo.
O lobo quería trabarlle  ao home e este deu  en berrar:
-- Homes aquí que me come o bicho!
Como este home berraba cerca das casas sentírono dúas persoas que estaban durmindo e levantáronse. 
O señor tiña un río que cruzar e os donos da casa dixéronlle que non tivese medo. Cando chegou á ponte estaba o lobo sentado no medio. Logo chegaron os donos da casa e o lobo colleu medo e escapou e o home salvouse .
O home chamábase Benigno e a raíz do que berraba quedoulle o alcume da Casa do Bicho de Brañas.


Informante:JOSÉ BUJÁN ROCA
Idade:83 ANOS
Relación :AVÓ
Casa:ALBERTE
Lugar:BIDUEIRO
Parroquia:NODAR

12 de dec. de 2014

Casa do Rosón

Era a casa máis rica de San Mamede de Nodar. Había un médico, un cura e tres caseiros. Tiñan varías propiedades e en cada unha había unha familia. Ata tiñan fóra de Samede: Nas Pardellas e en Parga. 
O escudo ten forma de persoa cunha coroa na cabeza. No centro do escudo hai unha torre. A torre está rodeada por círculos, o escudo é de pedra e está no medio da casa. 
Informante:José Buján 
Idade:83 
Relación:Avó 
Nome da casa: Casa de Alberte 
Lugar da parroquia: Samede Nodar 
Traballo feito por Cristian Santos

25 de mar. de 2014

Mingas e Marañas.


Era nun lugar de Nodar no que había dúas señoras chamadas Mingas e Marañas e fixeron un pote de papas. Como non as remexeron ben, no fondo do pote fixeron un bolo.
Mingas probou un pouco cando o remexeu e encontrou un bolo no fondo do pote e despois na casa berraban:
-Vide aquí que morreu Mingas - dicían uns, e outros contestaban:
-Non, non, que é un novelo de liñas.
Mingas morreu pero Marañas aínda morreu anos despois.

Informante: Ana María Penas Barral.
Idade: 48 anos.
Relación: Nai.
Casa: Xaquín.
Lugar: Mantelle.
Parroquia: Nodar
Recollido por:Mónica Saavedra Penas.

18 de mar. de 2014

Un muíño ben antigo.


O muíño da Cabana é un muíño ben antigo que está na parroquia de Nodar.
Neste muíño moíase o trigo e o centeo para sacar fariña para poder comer, e salvado para os animais.
Pola peneira do muíño saía a fariña.Tamén había un rodicio que o movía a auga para poder moer.
Tiña unhas escaleiras para chegar a hucha onde se botaba o gran.
Mentres que o muíño moía unhas fumaban, outros ían a casa para facer labores, outros contaban chistes ou cantaban...
Este muíño servíalles a moitas persoas para comer e manter os animais, cousa que agora non serve de case nada porque está en ruínas.

Informante: Ana María Penas Barral.
Idade:49 anos.
Relación: Nai.
Casa:Xaquín.
Lugar:Mantelle.
Parroquia:San Mamede de Nodar.
Recollido por:Mónica Saavedra Penas.

A escola da Cabana.


Esta é unha escola que está construída hai máis de 50 anos, situada no medio da parroquia de Nodar.
A esta escola só acudía unha profesora chamada Ana María Núñez Rodríguez que viña os luns e toda a semana ata os venres. Vivía na planta de arriba do edificio, onde moitas veces viña súa nai durmir con ela.
Alí acudían máis de 30 alumnos.
Nesa escola había unha televisión, unha estufa pequena de butano, un encerado, unha mesa de profesorado e mesas e cadeiras do alumnado.
Nesta escola só houbo ata 6º despois houbo que ir a escola de Friol.
 
Informante: Ana María Penas Barral.
Idade:49 anos.
Relación:Nai.
Casa:Xaquín.
Lugar:Mantelle.
Parroquia:San Mamede de Nodar.
Recollido por:Mónica Saavedra Penas.

31 de xan. de 2012

Os cabeceiros,como se fan

Usábanse catro troncos de madeira, xestas, palla e varas de salgueiro. Uníanse os troncos facendo un cadro que era a base, cun trade facíanse oito buratos na mesma e metíanse oito varas gordas, e íanse enleando varas máis finas entre as outras, estaban peladas para que aguantaran máis,e deixábase un oco para a porta.
Para o teito poñíanse xestas enliándoas e poñéndoas en forma de cono para que non entrase a auga.No curuto, para que non entrase a auga poñíase un cono de palla, cada ano cámbiaselle as xestas.
Usan dúas ferramentas: unha trade e unha coitela para pelar as varas. Colocábanse sobre unhas pedras e nunha pena.
Servía para gardar o millo. Tardábase máis ou menos unha semana en facelo.
Este fíxoo meu avó, José Romero Fernández da casa de Camilo, nas Laxes, Miraz.

17 de xan. de 2011

A raposa e o galo

Érase unha vez unha raposa moi intelixente. Un dia, paseando, viu un galiñeiro cheo de galiñas no que entrou e comeu unha.
--Póh, poh poh poh, phóo...
Ao dia seguinte a raposa construíu xunto ao galiñeiro unha casa e dentro da casa fixo un túnel que ía dar ao galiñeiro no que todas as noites comía unha galiña.
--Póh, poh poh poh, phóoo...
Un bo día o dono das galiñas trouxo un galo, grande e bonito, e meteuno tamén no galiñeiro, pero como Ó galo non lle gustaba este voou para a cima dunha árbore, e así conseguiu fuxir da raposa, que por mais que o intentase non o conseguía coller.
--Có, có-có-ri-có, có...
Desesperada, a raposa comezou a pensar como podia atrapar o galo, que era bastante maior que as galiñas e máis tenro e saboroso. Inventou entón unha historia, que lle tiña contado o dono da granxa, e que era así: "A partir de agora tódolos animais tiñan que ser amigos entre si, e ningún podía comer ao outro".
--Póh, poh poh poh, phóoo...
E a raposa comezou a cantar:
--Hoxe é un día moi feliz! Hoxe é un día moi feliz! Hoxe é un día moi feliz!
O galo pensou que a raposa estaba tola, e preguntoulle:
--Por que estás tan alegre?
E a raposa:
--Porque a partir de hoxe tódolos animais teñen que ser amigos uns dos outros. Baixa, meu amigo galo, que eu quero darche un abrazo e un biquiño.
O galo, desconfiando do que ela lle dicía e para poñela a proba, gritoulle:
--Menos mal que é así,porque alí ven a jauría dos lobos feroces da granxa.
A raposa, chea de medo e xa correndo, dícelle:
--Adeus, xa me estaba xusto neste momento marchando.
E metendo o rabo entre as pernas fuxiu sen ser nunca máis vista por aqueles lugares.
E o galo pensou:
--Tan intelixente,tan intelixente pero non me enganou.
E a paz volveu a reinar naquel galiñeiro.
--Póh, poh poh poh, phóoo...
--Có, có-có-ri-có, có....

Recollido por: Mguel Argerey Barreiro. 1º de E.S.O.
Contado por : Ana Argerey Barreiro
Recollido en: Santo Estevo de Nodar

15 de dec. de 2010

O pai, o tractor e os tres fillos.

Era un pai con tres fillos que comprou un tractor. O fillo maior díxolle ao seu pai:
--Se me compraras un coche!. Todos os rapaces coma min teñen coche...
Díxolle o pai:
--Mentres no se pague o tractor non se compra nada.
Despois o fillo do medio preguntoulle ao papá:
--Se me comprases unha moto!. Todos os rapaces coma min teñen moto.
Respondeulle seu pai:
-- Mentres non se pague o tractor non se compra nada.
Máis tarde, o fillo pequeno pediulle ao seu pai unha bicicleta:
--Todos os nenos coma min teñen bicicleta!
O pai contestoulle:
--Mentres non se pague o tractor non se compra nada.
O neno saiu para fóra enfadado viu ao galo encima dunha galiña.
Pegoulle unha patada ao galo e dixo:
--Xa dixo meu pai que mentres non se pague o tractor todos a pé.

Recollido por Jorge Corredoira
Contado por María Busto (75 anos). 
A Cerdeira (Nodar)