Esta é unha escola que
está construída hai máis de 50 anos, situada no medio da parroquia
de Nodar.
A esta escola só acudía
unha profesora chamada Ana María Núñez Rodríguez que viña os luns
e toda a semana ata os venres. Vivía na planta de arriba do edificio,
onde moitas veces viña súa nai durmir con ela.
Alí acudían máis de 30
alumnos.
Nesa escola había unha
televisión, unha estufa pequena de butano, un encerado, unha mesa de
profesorado e mesas e cadeiras do alumnado.
Nesta escola só houbo ata
6º despois houbo que ir a escola de Friol.
Informante: Ana María Penas Barral.
Idade:49 anos.
Relación:Nai.
Casa:Xaquín.
Lugar:Mantelle.
Parroquia:San Mamede de Nodar.
Recollido por:Mónica Saavedra Penas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario