A Casa de Caseiros, está situada no “Corral de Abaixo”, da parroquia de Lea. É grande e ten outras dúas casas ao lado, para varios caseiros.
Ten unha pendella grande, con columnas de pedra, para gardar a leña e cun forno, para cocer.
Tamén ten outra pendella, para gardar a ferramenta, e outra máis, para gardar a herba.
Ten unhas cortes debaixo das habitacións e en fronte da cociña. Ten un corredor grande, entre a cociña e as cortes, que daba a unha porta para a eira e outra para o curral.
Informante: Carmen López Fariñas
Relación: Avoa
Idade:79 anos
Nome da casa: Casa de Xil
Lugar: Lea
Miguel Ángel Sánchez López