Contan os máis anciáns deste pobo que hai moito tempo habitaba aquí unha
meiga que vivía nunha cova dentro da Pena Castrela.
Un día a filla e mais a nai, é decir, a meiga, saíron a buscar auga para unha fonte que había preto de alí. A meiga levaba unha ola na cabeza, para traer a auga, e collida da man levaba á súa filla . Entón caeu un anaco da pena e rompeulle a ola e matoulle a nena.
Nisto, a meiga moi enfadada e irritada pola perda da súa filla, din , que lle botou este meigallo á pena decíndolle:
Pena Castrela,
rompíchesme a ola
matáchesme a nena.
Mailo o raio te fenda
de rabo a orella.
A meiga colleu un o anaco de pedra caído e, despois de decir o meigallo, tiroullo á Pena Castrela. Esta partiu á metade.
Aínda hoxe se pode ver o anaco de pedra entre a Pena Castrela fendida ó medio e as pisadas e rabuñaduras feitas nela pola meiga
Informante:María Jesús
Idade do informante: 42 anos
Nome da casa:Amable
Lugar: Narla.
Relación:Nai
Recollido por:Unai Cobas Loureiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario