O edificio formado pola torre e o palacio está na entrada da vila de Friol. É moi antigo, do século XIII, pero igual que outros monumentos de Galicia, encóntrase cerrado e en ruínas.
Dende a carreteira, vemos un cerre de pedra que remata en dous columnas que suxeitan a cancela de ferro. Pasada a cancela hai un campo e ao fondo, alí está a fachada principal do palacio.
Toda a Torre-Palacio está nunha base cadrada, hoxe a parte que unía o edificio e a torre está derruída e todo el en estado penoso.
Todas estas partes foron construídas en torno a un patio interior e en distintas épocas, que formaron o monumento que foi no seu tempo.
A torre foi a orixe desta gran construción, está nunha base cadrada. Na actualidade polas súas ruínas decidimos que debeu ter tres andares.
O palacio ampliouse no século XVII dando lugar a un fermoso e amplo edificio de grandes dimensións.
Informante: Toño
Idade:Arredor dos 50
Relación: Veciño
Parroquia: Friol
Traballo feito por: Lúa Martínez
Ningún comentario:
Publicar un comentario