Este martes, 24 de setembro, o alumnado de 1º de ESO, como actividade iniciadora do Proxecto Interdisciplinar deste curso 2013-14, realizaron a III Camiñada entre as Torres que iniciamos na Torre- pazo de Friol e rematamos na Torre de San Paio.
Despois de adiantar a actividade e escoller o día para evitar a choiva, ao pouco de saírmos caeunos unha chuvascada que ben pensamos ía impedir a actividade... pero tivemos sorte.
O camiño - por fin podemos falar de camiño- está en perfecto estado, despois dos arranxos que se fixeron este verán. A verdade é que é unha legua ben atractiva.
Fixemos as paradas establecidas para realizar as actividades propostas e regresamos ao colexio onde fixemos a avaliación da Camiñada e se propuxeron as diferentes propostas de traballo que cada alumno debe investigar.
Estamos en marcha.