19 de nov. de 2013

O raposo e a becerra

Vaise achegando o raposo a unha becerra a chousa onde estaba pacendo,e dille :
---Veño para te levar.
E contestoulle a becerra:
---Aiii... raposo 
tes que traer unha corda 
e atarme o pescozo !
Vai o raposo ao día seguinte e átalle á becerra o pescozo e tamén se ata el o seu. 
A becerra empeza a correr chousa abaixo e o raposo di
--- Aiii se a corda non creba ou o nó non se desata 
venme buscar á casa da dona da vaca.

Informante:Ángel Ares López 
Idade:87 anos
Relación: Veciño
Casa de Soldado
Lugar: Lousado
Parroquia: X   
Recollido por Ana López Ares