O pazo está composto pola casa vivenda, a capela, o que foi un
albergue dunha escola e unhas edificacións de servizo caseiro.
Na
casa, concretamente no piso baixo o que máis chama a atención é un
antigo retrete que se forma dentro da parede con un pequeno furado e
con tapa para as necesidades de hixiene.
O
interior da capela componse por dous corpos, un para a celebración
relixiosa e o outro para a sancristía. A capela está moi ben
conservada grazas a boa limpeza que lle dan. O que non é doado
porque xa ten ao redor de 300 anos. O último evento celebrado foi
un bautizo e en breve espérase celebrar outro.
Despois
da capela hai un corpo de planta baixa que antigamente era unha
escola rural. Non hai moito que deixouse de dárselle este uso.
O
fundador do solar foi don Gregorio da Fraga, e o herdeiro casou e
ese matrimonio foi o fundador da casa grande da Fraga no ano 1717.
Informante:
Higinio
Idade:
72 anos
Casa:
Casa da Fraga
Parroquia:
Carballo
Relación: Veciño