Érase unha vez un burro chamado "Jardinero" que vivía como un auténtico burro, o seu traballo consistía en levar o trigo ao muíño para moer, levar o seu amo ás feiras ou a sitios lonxe.
Érase tamén un home ao que lle gustaba moito a caza (neste caso meu avó) gustáballe tanto que el cazaba durante todo o ano, en época de caza e mais cando non o era. Isto de cazar fóra de época deulle algún que outro desgusto, pero miña avoa e el tiñan un sinal para cando había problemas.
Un día pola tarde coma outros moitos, meu avó saíu a cazar cando non se podía, e xa o tiñan fichado porque sospeitaban del. A Garda Civil andáballe detrás e xusto ese día estaban pola zona, foi escoitar dous tiros e xa viñeron directos á casa preguntar onde estaba o home da casa. Miña avoa contoulles que andaba a buscar o burro que escapara e tiñan que encontralo antes da noite.
Foi marchar eles e miña avoa botase a correr costa arriba, había que poñer o sinal en marcha e este consistía en berrar:
--Jardinero ven! Jardinero ven! Jardinero ven!Foi marchar eles e miña avoa botase a correr costa arriba, había que poñer o sinal en marcha e este consistía en berrar:
Esta vez berraba máis forte que outras veces, o perigo era evidente. E meu avó cando oía o sinal respondía orneando coma se fose o burro ( sempre presumía de saber ornear moi ben ) así a avoa xa sabía que estaba ao tanto. Pero este día de tanto berrar e de tanto ornear ata o burro se puxo nervioso e botouse da chousa onde estaba encerrado.
Meu avó deuse desfeito dos coellos que cazara e acababa de esconder a escopeta ao lado dun valado e tapala cuns fieitos cando viu chegar o burro onda el, nunca na vida se alegrou tanto de ver o seu burro, montouse nel e xa viu chegar ao lonxe á Garda Civil, que ao chegar onda el, déronlle as boas tardes e preguntáronlle que facía polo monte. Meu avó respondeulles que andaba buscando o burro que as veces escapaba buscar mozas. Tamén lle preguntaron se oíra disparos ou vira a alguén, meu avó díxolles que escoitara dous tiros de escopeta pero que non vira a ninguén. Cada un seguiu o seu camiño; meu avó cara a casa no burro, e a Garda Civil a buscar ao que estaba cazando. Menos mal que meu avó estaba montado no burro porque as pernas lle temblaban como se fosen vimbios.

Informante: Victorino
Idade: 78 anos
Relación: avó
Nome da casa: Casa de Arrieiro
Lugar, parroquia: Gonce, Vilafiz
Historia recollida por Vanessa Blanco Cruz
Ningún comentario:
Publicar un comentario