Hai moitos anos o señor Manuel que levaba toda a vida fóra, traballando polas leiras e polos montes cos seus animais (pódese dicir del que xa vira de todo), que era un home tranquilo, sereno e que nunca soubo o que era o medo.
Pero un día foi apañar uns toxos, e venceuno a noite: unha noite desas, frías e estreladas. De volta a casa tiña que pasar pola ponte Lavandeira e a súa sorpresa foi cando se estaba achegando a ela e viu brillar unha cousa, ata que se foi acercando non soupo que era. Cando xa estaba cun pé na ponte, viu que era o lobo, sentado no medio da ponte sen intención ningunha de marchar. El quedouse quieto mirando para el, e pensando que facer, o lobo non se movía e non quitaba os ollos de Manuel.
Decidiu dar uns pasos para atrás, agacharse e coller unha pedra e tirala ao río, o lobo sen moita présa, colleu e marchou lentamente, parábase, mirou a Manuel, e daba uns pasos máis. Manuel, alixeirou o paso para chegar a casa, e na súa mente, levaba a mirada de aquel lobo, que estaba morto de fame, e o lobo ao final fuxiu porque aquel home, Manuel tamén o mirou fixamente, e transmitiulle que era un home con coraxe.
Informante:María José
Idade:44
Casa:Gabino
Parroquia, lugar:Portela, Narla
Relación:Veciño
Conto recollido por Jonathan Vazquez

Ningún comentario:
Publicar un comentario