Rematamos este curso unha andaina iniciada ao abeiro da LOE alá polo curso 2007/08, curso no que se implantou no currículo de 1º de ESO unha hora semanal de libre configuración e que no noso centro decidiuse aproveitala para coñecer e redescubrir a riqueza patrimonial tanto material como inmaterial do concello friolés.
Así botamos a andar unha experiencia baixo o título "O patrimonio do meu concello" que se desenvolveu ao longo destes oito últimos cursos e facilitou ao alumnado o coñecer mellor a nosa contorna e poñer en valor a riqueza patrimonial do noso concello.
Andainas, saídas, xogos de pistas, estudos de microtoponimia, procura de información, tratamento da mesma,... foron algúns dos elementos traballados neste para todos proxecto interdisciplinar.
Como referente e testemuña do antedito creouse este blog que botou a andar no curso 2008/09 e nel todo o alumnado de 1º de ESO, foi publicando as súas achegas que aos poucos foron enchendo o que hoxe é No Campo da Feira.

Como remate indicar que este proxecto tivo eco noutros lugares da nosa xeografía e así en moitos centros de Galicia desenvolveron actividades semellantes a prol do noso patrimonio.
A importancia de coñecer o noso e valorar o máis achegado a nós, debe ser un primeiro banzo para poder despois acceder a coñecementos máis xerais e universais.
Que o propio pode ser material de coñecemento queda reflectido no que aquí fixemos e o que a modo de exemplo e pola súa simboloxía colgamos na barra lateral deste blog: o vídeo que recolle a narración da lenda da Cova da Serpe nun centro escolar da cidade da Coruña ( a rapaciña do vídeo, Victoria Daobin é neta de Ángel Martínez F. de la Vega) que reflicte a utilidade e aproveitamento do "noso" como ferramenta de traballo escolar que foi un dos eixos que pretendemos transmitir desde este proxecto.
Como remate da actividade deste blog publicamos un relato da alumna de 1º de ESO, Irea Blanco Rodríguez, que pon o definitivo punto final a esta andaina.
Só queda dar as grazas e felicitar a todas e todos os que a fixeron posible.

Ningún comentario:
Publicar un comentario