Hoxe fixemos unha visita a diferentes lugares do concello para realizar unha serie de actividades complementarias da unidade que rematamos sobre a prehistoria.
As visitas xiraron ao redor da riqueza patrimonial que sobre o megalitismo agocha a nosa contorna.
Así visitamos a Capela do Vieiro ou Dolmen da Muruxosa e descubrimos a relación do seu nome co espazo onde está situado, paramos en Castrodá e en Serén, para despois facer un percorrido pola Necrópole de Narla onde puidemos contrastar grazas aos paneis informativos, a destacada presenza de mámoas no noso concello, así como das enormes dimensións da chamada Medorra Aberta.
Aínda que o frío non axudou moito, tivemos a sorte de que non nos chovese.
Con esta actividade rematamos o segundo trimestre e xa propuxemos o deseño das próximas saídas que terán algunha novidade respecto ás dos outros anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario