A fonte de Adán
Un día un home chamado Adán ía buscar as vacas a un prado que estaba bastante lonxe da súa casa.
Cando regresaba xa se fixera de noite e unha das vacas escapouse por outro camiño. Adán foi detrás dela e como non se vía nada caeu nun pozo moi fondo.
Uns veciños que o viron caer intentaron sacalo pero cando o fixeron xa era demasiado tarde e Adán xa morrera.
Entón entre todos os veciños decidiron facer unha fonte e poñerlle o nome de Adán en recordo de ese home que morreu nese pozo.
NOME DO INFORMANTE: Rubén Dorado
NOME DA CASA: Casa de Espiñeira
NOME DO LUGAR: Prado de Abaixo
NOME DA PARROQUIA: Prado
IDADE:14 anos
RELACIÓN CO GRUPO: Veciño
Ningún comentario:
Publicar un comentario