25 de nov. de 2011

Xan de Outeiro

Xan de Outeiro ten un can
que se chama Capitán,
tamén ten unha cadela
que se chama Micaela,
tamén ten un boi
que lle chaman Turroi,
tamén ten un gato
que se chama Escribano,
tamén ten un galo
que se chama Santiago,
tamén ten unha galiña
que se chama Mariquilla,
e por último,
ten unha ovella
que lle chaman Cotorella.
Contouma María José de Prescolar na Casa

Comentado por:
Mª José Blanco López (Profesora de preescolar na casa).
Anos:40

Ningún comentario:

Publicar un comentario