Isto era un raposo mais un gato que estaban no monte e tiñan moita fame.
O raposo dixo:
--Hai que ir a esa casa aos queixos e ás galiñas.
--Si, pero hai que ter moita arte para entrar, xa que hai dous cans feroces que nos poden matar --contestou o gato-- Ti cantas mañas tes?.
--Eu mil-- dixo o raposo.
--Pois eu unha-- dixo o gato.
--Se ti vas polos queixos eu vou polas galiñas-- propuxo o raposo.
--Vale-- aceptou o gato.
E aló foron os dous.
Cando chegaron, o gato subiu pola ventá cara aos queixos, e o raposo dirixiuse ao galiñeiro. Cando o souberon, os cans botaron a correr atrás do raposo, e o gato subiuse a un carballo. Os cans mataron ao raposo e cando o gato viu que se afastaban, baixou e cando viu ao raposo alí morto, co dente regañado díxolle:
--Hai Milmañas e ris ou regañas?.
Contado polo meu avó José Romero, 86 anos, da casa de Camilo, nas Laxes (Miraz)

Ningún comentario:
Publicar un comentario