Unha mañá un home chamado Jacinto da parroquia de Anxeriz tiña un burro na casa.Aquel día había feira en Parga. O bo do home colleu o burro, púxolle as alforxas ao lombo e cargoullas con dúas fanegas de pan para vendelas. Na entrada da vila había unha parella de gardas, pararon ao home e dixéronlle:
-- Por que leva tan cargado o burro? Vai coa lingua de fóra!
O home contestou:
--O meu burro ben pode coa carga.
Pero os gardas non estaban seguros e volvéronlle insistir varias veces.
O home cansado e aburrido de escoitalos díxolle aos gardas:
--Pero, que lles pasa a vostedes co meu burro, que tanto lles preocupa?. Por que non me deixan continuar co meu camiño?... --e continuou todo convencido -- porque, non me dirán que o burro é familiar seu?

Narrado por Luisa Castiñeira ( 75 anos). É a miña tía e vive nas Veigas (Lamas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario