25 de nov. de 2011

Ocorreu hai moitos anos

Este conto contoumo un meu veciño chamado Víctor que te na actualidade 85 anos e fala dun sucedido que lle ocorreu ao seu bisavó... Xa choveu!
"Meu bisavó andaba cun rabaño de gado. Un día veu o lobo e colleulle unha cabra.
Como o bo do home non podía correr, berroulle ao lobo que non lle fixo caso.
Andaba nunha chousa que se chamaba a Chousa dos Bullos. Meu bisavó dixo:
--Anda carajas que levar leváchea pero non a has comer!.
Meu bisavó botoulle o responso-- que tiña moita man para os responsos-.
Á noite díxolle á filla:
-Vas ir á Chousa dos Bullos buscar unha cabra, que ma levou o lobo.
A filla respondeulle:
--Xa non está alí!.
Meu bisavó respondeulle:
--Carajas, ti vai, que a cabra ten que estar!.
A filla foi e a cabra estaba alí e tróuxoa
Como tiña unha ferida no pescozo, o meu bisavó meteulle unto na ferida e cerrou e este conto acabou".
Recollido na casa de Fidalgo de Lea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario