10 de mar. de 2011

Entrevista a un zoqueiro

-Cal é o seu nome?
-Albino Sánchez
-Cantos anos ten?
- 81 anos
-Dende que anos leva facendo zocas?
- Dende os 10 anos
-Cal é a mellor madeira para facer as zocas?
- O albelo
-Que ferramentas se usan?
-Macheta, gubia, trades, legres, coitela e rebocador
-Quen lle ensinou?
- Un veciño "Roberto"
-A quen llas vendía?
-A xente que ía as feiras e a xente que pasaba pola súa casa
-A súa familia segue a tradición?
-Non
-Os seus antepasados facían zocas?
No-Segue facendo zocas?- Si
-Canto tempo lle leva facer un par?
-"Antes 2horas " agora 1dia
-Gustaríalle que a súa descendencia seguira a tradición?
- Si Gustaríalle poñer unha exposición de zocas?
-Si
-Vendeu moitas zocas?
-Si
-Realiza esta actividade por oficio ou por afección?
- Polas dúas cousas-Usa as súas propias zocas?
-Si
i-Gustaríalle dedicarse a outro oficio?
-Si, antes era muiñeiro, albanel
-Como fai as zocas habitualmente simples ou con adornos?
-simples
-Fai madroñas?
-Non,porque son propias de Asturias
Grazas pola súa atención e a súa colaboración

Ningún comentario:

Publicar un comentario