17 de mar. de 2011

Torre Pazo de Friol


Está situada na capital do municipio de Friol, concello de San Xulián, e tense como unha das máis antigas da provincia. Foi elevada, seguramente, no século XIII, como así acreditan os restos dos seus muros interiores, nos que aparecen gravados varios signos lapidarios, coincidentes con outros que presentan igrexas románicas construídas naqueles tempos, e tamén varias fortalezas coetáneas.
Pertenceu ao antigo linguaxe dos Prados, descendentes da casa real de León.
A orixe do apelido Prado, descendente dun infante de León que tivo un fillo cunha doncela nun prado, e o fillo sabedor de iso, tomou como apelido a denominación de Prado. Estendeuse por toda a península. Probou a nobreza varias veces.
Tamén buscando, atopamos a seguinte lenda sobre a orixe dos Prado:
"Estando unha doncela segando herba nalgún prado de Lugo foi sorprendida gratamente polo Rei de León, o cal namorou, e dende aí parte o liñaxe dos Prado, que levaron dende ese momento, ese apelido."
Tanto as dependencias da casa-palacio, como da torre adosada a mesma , se conservan en regular estado. Sen embargo, na segunda, iniciase un agrietamento na que se observan as reconstrucións que se levaron a cabo en diferentes épocas. A fachada de ponente da torre do homenaxe, distínguese co nome de >.
A súa planta é case cadrada, 10,60x10,40 metros. O mura da fachada norte, cego nos seus primeiros cortes, ten só unha pequena ventá no superior, de falso arco.Na fachada oeste, que é a que da ao patio, existen outras dúas ventás de igual composición. A esta fachada úneselle as dependencias das vivendas, con unha porta de granito.
A fachada principal da casa-torre, sufriu modificacións. A parte máis antiga, conserva o carácter da época.Actualmente atópase en ruínas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario