10 de mar. de 2011

O Corno do Boi


Un home chamado José que vivía en Xiá ía con unha parexa de bois a buscar un carro de toxos ao monte.
Era un día de inverno, e cando volvían de volta a casa co carro xa cargado empezou a nevar moi forte e formouse unha gran torada de neve.
José estaba moi preocupado porque tiña medo de que os bois quedaran atrancados na neve e non deran saído e así aconteceu:
Cando ían na metade do camiño os bois quedaron cravados na neve. José foi buscar axuda aos veciños cercanos.
Mentres os bois loitaban por sair, un deles conseguiuno pero o outro rompeulle un corno e empezou a sangrar moito.
Cando José e os veciños chegaron, o boi xa morrera desangrado. A partir dese dia os veciños decidiron chamarlle Corno do Boi.

Recollido: RUBÉN DORADO ESPIÑEIRA
Contado por ESTHER PETEIRO SÁNCHEZ 
Idade: 78 anos 
Lugar: PRADO DE ABAIXO 

Ningún comentario:

Publicar un comentario