10 de feb. de 2011

O peite de ouro


Nunha fonte no medio do monte, saía todas as mañás unha princesa moi fermosa a peitear os seus cabelos cun peite de ouro.
Un día pousou o peite nun penedo e un cabalo colleuno coa boca. Xa na casa dos seus amos estes decatáronse de que o peite non era seu e entón dixo o amo:
--Mira meu cabaliño se ti me levas onde encontraches ese peite eu dareiche o que ti queiras!.
O cabalo nin corto nin perezoso respondeu:
--Quero cinco horas de pasto ao día e unha lata de pienso.
--Bueno farase o que ti queiras... pero... veña axiña que non hai tempo que perder!.
E os dous marcharon cara ao monte, pero a princesa xa desaparecera- debeu ser polo peite-.
Logo cando chegaron á casa o amo mirou á muller, que dera a luz nun palleiro mentres que lle daba de comer aos animais, pero o neno que esperaba, viña morto.
Moita xente di que sería unha maldición.
Recollido por: Daniel López Ramos
Xiá
Contado por: Xosé bisavó 78 anos de Teixeiro ( A Coruña)

Ningún comentario:

Publicar un comentario