10 de feb. de 2011

O burro e o cabalo

Erase unha vez un agricultor que tiña moitas vacas, tiña un burro e un cabalo. O agricultor tiña un muíño de maquía e todas as mañás as tiña ocupadas.
O transporte do agricultor para o muíño era o cabalo e o burro. O cabalo servíalle para ir de acabalo del e o burro servíalle para levalo cargado de gran para o muíño, e para aquí servíalle para traer a fariña.
Un día como todos os días o pobre burro, canso de levar sempre a carga cara o muíño non puido con ela porque o agricultor botoulle máis carga da habitual.
Entón o muiñeiro non lle quedou máis remedio ca quitarlle a carga ao burro e poñerlla ao cabalo.
O cabalo riuse do burro e dixo:
-Onde vexas corpo bota carga.
E o burro contestoulle:
-Amigo cabalo onde vexas orellas bota cebada.
Recollido por Maria Santos Lodeiro 1ºB
Contado pola súa avoa: Maria Teresa (72 anos) 
Ramelle

Ningún comentario:

Publicar un comentario