A Pena da Moura era unha pedra redonda duns 20 metros cadrados, aproximadamente. Estaba montada enriba de tres chantos que estaban cravados de punta. Dicían que a trouxera unha muller negra na cabeza, que viña fiando lá nunha roca. Abrigábase a xente debaixo dela. E todo iso estaba nun prado de meu avó. Na actualidade a pena foi desfeita por unha escavadora e coa súa pedra fixeron un valado.
Publicado por Grupo Condes (Adrián García Fraga, Javier Sánchez Burgos e Miguel Penas Boado)
Publicado por Grupo Condes (Adrián García Fraga, Javier Sánchez Burgos e Miguel Penas Boado)
Hola, son Blanca G Albalát, a noticia da Pena da Moura é moi interesante e é frecuente en Galiza o que sería interesante, para tentar de trazar un mapa simbólico é saber onde ficaba exactamente. Graciñas.
ResponderEliminar