Había unha vez un señor que ía montado nunha burra que se chamaba Pandelita. Este señor pedía limosna polas casas e nunha déronlle unha torta enteira. O señor desconfiou porque lle deran moita limosna e deulle a torta a Pandelita.
Cando chegou a unha aldea a Pandelita morreu e viñeron tres cans a comela e os cans morreron. Apareceron tamén por alí sete xabaríns a fozar nos cans e morreron.
O dono de Pandelita estivo mirando e colleu os aparellos da burra e a escopeta e marchou polo monte arriba, e saliulle unha perdiz rastreira e tiroulle un tiro pero matou unha lebre preñada que estaba na cama.O home colleu a lebre, abriuna e sacoulle os labratos e ao pouco tempo de seguir andando atopou unha igrexa.Abriu a porta, acendeu as candeas e asou os labratos.
O conto di: La tortó mató la Pandelita, la Pandelita mató a tres, tres mataron a siete, tiré a lo que vi y maté lo que no vi, comí carne que no fue nacida ni en el cielo ni en la tierra y la cocí en el aire con palabras de Evangelio.
Recollido por Rocío Novo Lourés.
Contado porAntonio de A Covariza,Silvela , 56 anos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario