10 de feb. de 2011

O afillado da Morte.

Esta historia que vos vou contar agora, ocorreu hai moito tempo no Camiño de Santiago, entre Palas e Melide.
Xosé, era un home de Palas que acababa de ser pai e, como era dunha familia moi pobre, en Palas, naide quería ser o padriño do meniño, asique, decidiu ir buscar un rumbo a Melide.Comezou a camiñar e a camiñar, e, de repente, viu a un home vestido de vermello con dous cornos na cabeza.
-Xoseíño! Xoseíño! Onde vas?
-Vou na procura dun padriño para o meu fillo. E ti quen eres?
-Eu, son o Demo.Se queres, podo ser eu o padriño do teu fillo.
Xosé cabilouno un pouco, pero rechazouno
-O demo? Ai non! Eu non quero ter nada co Demo! Non, non quero que sexas ti o padriño do meu fillo.
Xosé seguiu camiñando, e no medio dun sendeiro, viu a un home que vestía cunha túnica branca, que era moi pálido e que tiña barba.
-Xoseíño! Xoseíño! Onde vas? - Berroulle o home.
-Vou na procura dun padriño para o meu fillo, porque son tan pobre, que en Palas, naide quere selo. E ti quen eres?
-Eu, son Deus, se queres, podo ser eu o padriño do teu fillo.A Xosé, Deus non lle parecía unha persoa xusta, e rechazouno.
-Non, ti non eres xusto. Hai xente que tira coa comida, e outra que morre de fame. A algúns sóbranlle os cartos mentres que outros, están na miseria. Non, ti non eres xusto, non quero que sexas o padriño para o meu fillo.
Xosé seguiu camiñando, ata que viu a un home vestido cunha capa negra que se lle achegaba
-Xoseíño! Xoseíño! Onde vas?-Vou na procura dun padriño para o meu fillo. E ti quen eres?
-Eu, son a Morte. Se queres, podo ser eu o padriño para o teu fillo.
Ao principio, Xosé asustouse, pero, deuse conta de que a Morte e moi xusta
-Si, quero que sexas ti o padriño do meu fillo. Ti eres xusto, morren ricos e pobres, morren listos, e non tan listos, morren reis e raíñas e tamen escrabos e escrabas, si, ti eres xusto.Quero que sexas o padriño do meu fillo.
Chegou o día do bautizp e todo ía moi ben. Estaban os familiares, os veciños e, como non, a Morte. Ao rematar a ceremonia, a Morte foi a xunto Xosé.
-Xoseíño,eu non che podo dar agora o regalo para o teu fillo, pero prométoche, que llo darei.
E así quedaron a Morte e Xoseíño. Pasaron os anos, e non había noticia nin da Morte nin do seu regalo, e Xosé decidiu de contarlle ao seu fillo quen era o seu padriño.Meses mais tarde, Xosé morreu e o fillo, dedicouse ao pastoreo porque era moi moi pobre, e só tiña unhas cabritiñas.
Un día estaba no monte coas cabras e apareceuselle a morte.
-Hola.
-Hola.-dixo o fillo de Xosé.-E ti quen eres?
-Eu, son teu padriño, a Morte.
-Anda! Meu pai contoume que ti eras meu padriño antes de morrer.
-Eu veño a cumplir a promesa que lle fixen a teu pai, vouche dar o teu regalo, voute facer doutor.
-Doutor?Si eu o único que sei facer é estar coas cabras! Como me vas facer doutor! -É moi doado – empezoulle a esplicar a Morte- ti vas á casa do enfermo, e eu irei contigo, pero solo me vas poder ver ti, asique, se eu estou na cabeceira da cama,o enfermo vive, ti daslle calquera potaxe e xa está. Pero se estou nos pés da cama, morre. Está claro?
-Si. A partir de ese momento, o fillo de Xosé comezou a traballar como doutor, e, como o que decía sempre se cumpría comvertiuse nun doutor moi famoso.Un día, chamarono da casa dun Marqués e dixéronlle que si o salvaba, lle darían todo o que quixese. O doutor, foi alí rezando que a Morte estibese na cabeceira, pero non, estaba nos pés. O fillo de Xosé púxose moi nervioso, pero, no medio do nerviosismo, tivo un golpe de inspiración e dixo:
-Dádelle a volta á cama! Dádelle a volta á cama! Ao facer eso, a Morte, atopábase na cabeceira, e o Marqués viviu, pero, cando a Morte chega, tense que levar a alguén, e levouse ao seu afillado.
Que moralexa podemos sacar de este conto? Pois, que a avaricia, rompe o saco.
Avoa: Lourdes Prado.( 60) Melide

Estela Villarabide Varela- 1ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario