11 de dec. de 2008

No pendello

No pendello que hai xunto ao camiño
hoxe ás doce da noite naceu
un meniño pequeniño
que parece do ceo caeu.

Entre o bafo de dous animales
pois o pobre cubertas non ten.
Nin señales de pañales
pra tapalo do frío se vén.

Levareille logo este mantelo
anque afellas boa falla me fai
e un roxelo de bo pelo
pra que faga bos caldos súa nai.

Levareille tamén unha pita
pois é o neno máis guapo que eu vin
e a cabrita máis bonita
que pra el no cortello escollín

Ningún comentario:

Publicar un comentario