12 de dec. de 2008

Conto: A galiña asustada

Era unha galiña que estaba debaixo dun castiñeiro e caeulle un ourizo na cacorrochiña.
Ela empezou a correr.
--Troupolotrou, troupolotreiro, lisca don galo que cae o mundo enteiro.
-- Quen cho dixo dona galiña?
-- Caeume a min na cacorrochiña
-- Trupoloutrou, troupoloutrora, vai dona lebre que cae o mundo a deshora
-- Quen cho dixo, dona galiña ?
-- Caeume a min na cacorrochiña
-- Troupoloutrou, troupoloutrazo vaite raposa que cae o mundo a pedazos
-- E quen cho dixo, dona galiña?
-- Caeume a min na cacorrochiña
-- Pois se cae o mundo a pedazos eu quero ir ben fartiña.
E alí mesmo chapou á faladora da galiña.
Recollido no Pazo , Trasmonte.
Informante: A miña avoa

Ningún comentario:

Publicar un comentario