11 de dec. de 2008

Aguinaldos e Reis

Xente noble somos
los que aquí venimos
si nos dan licencia
os reises decimos

Aquí vimos catro
cantaremos oito
o noso aghinaldo :
fuciño de cocho.

Aquí vén a vella
co seu aghinaldo
parécelle moito
e vaille quitando

Cantámosche os reises
guedellas de cabra
Cantámosche os reises
Non nos deches nada

Se nada vos dei
Nada vos debía
Largai de aí larpeiros
Viñerais de día

Cantámosche os reises
guedellas de cabra
Cantámosche os reises
Non nos deches nada


Ningún comentario:

Publicar un comentario