Había unha vez un burro que era maltratado; como era moi vello íano sacrificar. O burro chámase Lorenzo pero a pesar de que é un animal tiña máis coñecemento cá xente que o tiña na súa casa. Porque el cantaba e falaba pero ninguén da casa o sabía.
O burro Lorenzo era máis listo e como oíu que o ían sacrificar decidiu escapar e ganarse a vida como músico "callejero". Lorenzo era moi marchoso. Empezou a tocar unha harmónica. Segundo ía percorrendo o camiño deuse conta que había máis animais que fuxían da mesma situación. Un can que tocaba a frauta, un gato que tocaba unha guitarra e un galo que cantaba.
Entre eles decidiron formar un grupo musical para ganarse a vida e ter onde comer, durmir e vivir.
Un día ao caer a noite, os animais ven luz nunha casa e deciden ir vixiar a ver quen vive nesa casa. Cando se asoman a unha ventá, danse conta de que alí viven uns ladróns de animais. Lorenzo e os seus amigos deciden asustar aos ladróns de animais e téndenlles unha trampa. Fixéronlles crer que eran fantasmas un por encima dos outros cantando. Cando os ladróns se deron conta, os animais atacáronnos todos a vez, os ladróns asustáronse e escaparon correndo crendo que vivían bruxas e seres perigosos. Lorenzo dálle liberdade a todos os animais.
E decidiron quedar a vivir na casa dos ladróns e foron todos felices.
Informante: Constantino Fraga Redondo.
Idade: 52 anos.
Lugar: Guldriz de Arriba; parroquia: Guldriz.
Relación: Meu pai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario