Era
un inverno de xeadas e frío. Un lobo e un raposo que se levaban
medianamente ben non tiñan para comer e decidiron plantar una leira
e cebar un cocho. Pero quen traballaba era o lobo, o raposo era moi
fino e non quería manchar as mans e facía que traballaba.
De
alí a un pouco deulle a fame e fixo que o chamaban. O lobo que era
un tonto díxolle que fora e que el xa ía facendo o traballo, o
raposo foi directo a comer o porco que cebaran, mataran e esconderan.
O lobo xa tiña todo feito e tiña fame entón díxolle ao raposo se
ían comer o cocho e foron para alá. O lobo buscou e buscou e non
atopou nada, pensou un pouco e deuse de conta que o raposo non fora a
bautizo algún, que fora comer o porco. Entón díxolle:
--Ti comiches o
porco eu quedo coa leira e co que ten plantado.
Ao raposo non lle
quedou máis que aceptar. O raposo pasou fame todo o inverno e o lobo
tivo comida a fartar.
Informante:
Manolo.
Relación:
Tío da miña avoa.
Anos:
Uns 90.
Casa:
Casa de Vigo de Pacios.
Parroquia:
Narla
Ningún comentario:
Publicar un comentario