Hoxe o grupo de teatro "Algo máis que pan e queixo" coa representación para o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, estreou a montaxe "Non o creo!".
Esta obriña situámola nos tempos dos vosos tataravós, inicialmente no ano 1873, cando en tempos da 3ª guerra carlista, grupos de homes armados -gavelas ou faccións-, percorrían estas terras loitando a favor do pretendente á Coroa española, Carlos de Borbón --Carlos VII-.
Esta guerra de guerrillas, que tamén tivo como escenario ás terras de Friol e Guntín de Pallares, é o que sustenta a montaxe que hoxe vimos de estrear.
O medo que xeraba a presenza destas partidas carlistas, seguro que fixo esconder a máis de un as súas riquezas para que non lle fosen requisadas.
D Filipe (Marta Fernández) e a súa dona Dª Ánxela (Rocío García) xunto coa filla destes, Sabela (Lidia Álvarez) sofren na súa casa as visitas dos carlistas capitaneados por D. Isidro Parga ( Patricia Marqués). A rapaza que está ao servizo da casa , Antía ( Laura Barreiro) e Dominique ( Silvia Cabado) completan o cadro desta obra.
Non esquecemos ao Trasno (Estela Villarabide) que é o fío condutor da montaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario