12 de maio de 2012

Coa poesía de onte defendemos a escola de mañá !.

Este martes día 15 de maio, vaise celebrar no noso centro escolar, concretamente no patio de lecer de ESO, segundo o plano que ilustra esta entrada, unha serie de actividades como homenaxe ao que foi o poeta social por excelencia, da nosa literatura Celso Emilio Ferreiro, aproveitando a celebración do seu Centenario. 
Recitados de poemas a cargo de alumnado de E. Primaria e Secundaria, montaxe fotográfica cos máis pequenos, sesións multimedia tratando a vida e obra do poeta, a cargo de alumnas de 2º de ESO, exposición sobre a obra de Celso Emilio a cargo do alumnado de 3º e 4º de ESO e canto dos maios a cargo das pandeireteiras da escola e creación dun mural en defensa do ensino público, son unha serie de actividades que se desenvolverán nos diferentes espazos habilitados para tal fin, ao longo das sesións de tarde e abertas para toda a Comunidade Educativa que xa recibiu a correspondente carta-invitación. 
Esperamos contar coa vosa presenza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario