Contaban os vellos de antes, que había unha muller chamada Carmiña en Guldriz, era moi pobre.
Un día ía cunha porca para levala á feira para ver se facía uns cartos. No camiño, atopouse cunha muller da Rodela que lle propuxo cambiarlle a porca por unha toga na que envolvía unha bolsa, e que se non a abría ata chegar á súa casa a quitaría de pobre, esa era a única condición.
Carmiña decidiu cambiarlle a porca e, cando ía camiño de Guldriz, e se afastaba da muller, esta recordoulle a condición, pero Carmiña non lle fixo caso. Cando estaba chegando a súa casa a curiosidade levouna a abrir a toga e desatar a bolsa, na bolsa só había carbón. Carmiña enfadada botou un berro e maldiciu o nome da muller da Rodela e tirou todo o carbón no chan. Cando chegou á casa sacudiu a bolsa e a toga e delas caeron unhas pedriñas de carbón e cando rozaron o chan convertéronse en ouro e pedras preciosas.
Carmiña saíu correndo da casa en busca das outras pedras pero xa non estaban alí e logo foi a Rodela na procura de aquela muller que facía aquelas marabillas, pero non a encontrou.
Cando chegou á casa contoulles o sucedido e todos tiveron perda daquela riqueza perdida.
Isto demostra que nin a curiosidade nin a cobiza son boas para ninguén.
Hai moitas lendas sobre este lugar e esta é unha delas.
Recollido por Rubén Ceide Cruzado.
Contado pola miña avoa, Mercedes Salgado Carreira de 84 anos
Guldriz de Arriba

Ningún comentario:
Publicar un comentario