15 de out. de 2010

I Camiñada das Torres. ( I )

Hoxe pola mañá, tal e como estaba previsto fixemos o percorrido queune a torre de Friol coa de San Paio. Tardamos algo máis do previsto no primeiro treito da actividade o que significou ter que reducir o tempo destinado á visita do museo Etnográfico de S. Paio.
Ao rematar a camiñada o cansazo reflectíase na cara dos participantes, pero ou moito me equivoco, en xeral os alumnos e alumnas participantes quedaron contentos coa mesma.
Aínda queda a fase de avaliación da mesma que non puidemos facer por ter que entrar no comedor--fóra de hora--. Farémola o luns nas clases de Lingua Galega.
Agora co traballo feito empezaremos a publicar entradas relacionadas coa Camiñada e coas cousas que quedaron pendentes por rematar e que como traballo engadido levan algúns dos grupos do proxecto Interdisciplinar.
Por certo: Previamente á publicación de calquera entrada, o contido da mesma debe ser revisado, tanto nos contidos como na forma e para iso explicaremos na clase como facer esta revisión previa.
Creo que estamos ilusionados e desexosos de publicar pero as cousas hainas que facer con xeito. Seguro que estades de acordo comigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario