CASAS DE PEDRA EN XIÁ
Este traballo esta feito por Noelia Seoane Barba,Paula Vázquez Aldariz,Sara Abeledo Serén e Santiago Vázquez Fariñas.
Somos galegos e como tal hai moitas cousas que nos identifican, entre elas a fala, a paisaxe, o carácter da xente....e como non as casas galegas, as de sempre, as casas de pedra, destas construccións e das que imos falar o longo deste traballo.
Ó longo dun percorrido polo noso concello podemos observar numerosas mostras de antigas de casas galegas de pedra, aínda que pouco a pouco van gañando terreo novas construccións máis modernas, que non se diferencian moito das construccións de outras partes do país, por iso e tan importante conservar as mostras de casas antigas, para poder entender moitas cousas dos nosos antepasados. O estudo sobre as casas antigas do noso concello levarános a unha viaxe ó longo do tempo na que voltaremos os nosos orixes.
As casas galegas son construccións en pedra, a pedra é a foi o primeiro material que utilizou o home para construir as súas vivendas, elixiron a pedra porque e un material doado de atopar na natureza, porque e un material permeable(é dicir que protexe fronte a auga) e sobre todo pola resistencia da pedra, un material duro.
Desde este punto imos falar das características mais comúns das casas galegas:
- Para o aproveitamento da enerxía:
-Aproveitar a luz solar con teitos escuros e de lousa
-Muros grosos para impedir o paso do frío e para gardar o calor
-Na planta baixa normalmente estaban os animais(cortello) para así aproveitar o calor que estes emitían co seu corpo, ademais da cheminea da casa, así ambos funcionaban de calefacción.
- No referente a construcción:
-Formas rectangulares sinxela de planta baixa ou unha planta, ou tamén circulares como as pallozas
-Cos teitos de dúas ou catro augas
-Uso de grandes pedras para os muros
-Os teitos en madeira e lousa
-Pequenas ventás e pedras pola dificultade de abrir ocos nos muros tan grosos, porque se podía estragar a estructura da vivenda.
-Lugar de asentamento:
- O lugar onde había máis oportunidades para a agricultura e a
gandería
-En lugares sen moita pendente polas fortes choivas de Galicia
placa de debaixo das casas era o máis grosa posible para
evitar a humidade
Outra parte moi importante das casas galegas era o hórreo que estaba situado preto da casa familiar e que se empreñaba para gardar o gran.Tamén se coñecen por outros nomes según a zona como por exemplo: piorno, canastro, cabazo e cabaceiro.
Os hórreos son de construcción sinxela e teñen as partes ben diferenciadas. A parte principal e rectangular e pode ser de pedra, madeira ou mixto. Nel como xa dixemos almacénase o gran a salvo da humidade gracias ós pilares de pedra que separan a construcción do chan, tamén se resgarda o gran dos ratos porque levan forma circular no fondo dos pilares para así evitar que poidan subir.
Queda a colleita protexida da choiva gracias o teito de tella que na súa parte máis alta soia ter un adorno ou cruz relixiosa. No lado máis estreito leva unha porta para poder entrar.
Destacan dentro das casas de pedra os pazos, que eran as vivendas onde facían a vida os fidalgos, a nobreza chegou a Galicia ó longo do S.XVI, chamóuselles a estas construccións casas grandes ou pousas.
Os fidalgos diferenciábanse dos campesiños polas súas casas, os pazos caracterizábanse polas súas formas redondeadas e toda a decoración de estilo modernista que tiñan, pero ó longo dos anos acabaron pode ser unha mestura de estilos.
No seus comezos o pazo comezou como fortaleza ou torre, boa mostra diso temos no noso concello como por exemplo a TORRE DE FRIOL considerada a fortaleza máis antiga da provincia, ou a FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA na parroquia de XIA, arredor de esta fortaleza xiran dúas fermosas lendas que todos coñecemos, a fortaleza conta cunha capela rodeada do patio de armas e as mazmorras, ademais no seu interior ten nove salas e dende a parte máis alta podemos observar gran parte do noso concello.
Falando dos pazos podemos nomear algúns que atopamos no concello de Friol:
-O Pazo dos Fraga
- O Pazo-Torre de Miraz(en Miraz)
-O Pazo de Remesil (en Villafiz)
-A casa do Castro (en Condes)
-O Pazo de Trasmonte (en Trasmonte)
-O Pazo de Freixido (en Xiá) Último xa que se atopa na nosa parroquia, data do século XV, situase no Renacentismo e a súa planta ten forma de L. Hoxe pertence a dúas familias da aldea adicadas a gandería.
Como podemos ver no noso concello hay moitas mostras de casas de pedra, non so de pazos e torres senon de casas de xente de a pé que se siguen empreñando como vivendas e que non conven esquecer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario