24 de mar. de 2009

Refráns

Xente de Meira tropa lixeira.

Maio pardo San Xoán claro.

En maio trema o cabalo.

Neves de Febreiro boas a primeiros.

En San Xoán tanto queixo coma pan.

Máis vale paxaro en man que cento voando.

Febreiriño curto cos seus 28
se acerta a ter outros 4
non queda nin can nin gato.

No mes de xaneiro pés no braseiro.

Se o galo canta ao mediodía, néboa para o outro día.

Abril chuvioso, maio pardo e San Xoán claro enchen o carro.

Abril frío, moito pan e pouco viño.

Ano de herba, ano de merda.

Se a cobra cantou en marzo, neve en maio.

Do Santo Antonio ao San Xoán 11 días van.

Antes de facer unha cousa unha vez, pensala primeiro tres.

Mellor cogomelo perdido que mal comido.

Comer e rañar, todo o mal e empezar.

Polo San Antón a galiña boa pon.

Neve febreiriña pícaa a galiña picou e picou e non a desinzou.

Pola Santa Lucía o caldo alumía.

Polo San Martiño a neve no fociño.

Pola Feira de Santos a neve nos Campos.

Quen pasa o mes de Xaneiro pasa o ano enteiro.

Abriga ben o pelello se queres chegar a vello.

No mes de San Xoán ao sol cócese o pan.

Bos e malos martes hainos en todas partes.

Catro caras ten a lúa e a muller corenta e unha.

Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor como o primeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario