14 de nov. de 2008

A celebración do San Xoán

Na noite do San Xoán facíase a típica fogueira con pudia, sanxoaos... e afumábanse nela os animais para que estivesen sans e fortes. Logo tocaba divertirse e pasábase gran parte da noite bailando e xogando ó redor da fogueira. Ao día seguinte, antes do amencer, íase buscar auga de seta fontes diferentes porque se pensaba que botándolla ao pan, levedaba sen formento.
Tamén eran moi típicas do San Xoán as trasnadas, como cambiar os arados de sitio etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario