10 de mar. de 2013

A fonte de Adán

Un día un home chamado Adán ía  buscar as vacas a un prado que estaba bastante lonxe da súa casa. Cando regresaba xa se fixera de noite e unha das vacas escapouse por outro camiño. Adán foi detrás dela e como non se vía nada caeu nun pozo moi fondo. Uns veciños que o viron caer intentaron sacalo pero cando o fixeron xa era demasiado tarde e Adán xa morrera. Entón entre todos os veciños decidiron facer unha fonte e poñerlle o nome de Adán en recordo de ese home que morreu nese pozo.
NOME DO INFORMANTE: Rubén Dorado
NOME DA CASA: Casa de Espiñeira
NOME DO LUGAR: Prado de Abaixo
NOME DA PARROQUIA: Prado
IDADE:14 anos
RELACIÓN CO GRUPO: Veciño

Ningún comentario:

Publicar un comentario