Construíuse hai moitos anos. No ano 1436 cando se construíu a casa de Mera xa había moito tempo que estaba feita.
A súa festa é o 13 de xuño, día no que hai misas desde as 10:00 ata a 1:00 da tarde. Vén moita xente de todas as parroquias. Na última misa faise a procesión arredor da capela. A xente leva ofrendas como linguas de porco, o rabo, o lacón, a cachucha... As ofrendas poñíanse a poxar para ver quen daba máis.
Co diñeiro que se ganaba das ofrendas e a esmola facían a festa e traían unha orquestra.
San Antón naceu en Portugal e foi predicador. San Antón é o santo do gando.
Dito:
"San Antoniño bendito,
cuidame a vaca, a ovella, a cabra...
para que non veña o lobo, nin o zorro...
e non más coma nin más leve.
San Antón tamén é o Santo das enfermidades.
Dito:
" San Antón bendito che quite a enfermedad e che dea sanidad pola virtud que ten. Amén".
A xente dálle un bico a San Antón de agradecemento.
Hai moitos anos había romaría, onde todos os veciños ían bailar e pásalo ben. Viña un señor coñecido como " Lamelos das Pardellas". Traía un carro con dúas mulas onde viñan as bebidas para disfrutar dunha boa festa.
Informante: Antonio Díaz Real/ Dono da Capela.
Idade: 67 anos.
Casa: Mera
Parroquia: Guldriz de Arriba
Relación: Veciño
Ningún comentario:
Publicar un comentario